lunes, 21 de junio de 2021

DECORACIÓN PORTA PRAIA DAS CATEDRAIS

 Aquí tenéis las fotos de la decoración de la puerta de clase con el dibujo ganador elegido, de nuestra compañera Julieta, de la Playa de las Catedrales. 


domingo, 20 de junio de 2021

POLIEDROS PROYECTO

 Aquí os dejo un collage que ha hecho la profe Cris de los proyectos de Plástica sobre los poliedros ya acabados. Esperamos que os guste! 



PRAIA DAS CATEDRAIS

 Boas tardes a tod@s!! 

A nosa compañeira Ainhoa foi coa súa familia a visitar a nosa marabilla deste curso e quixo compartir as fotos tan chulas que sacou con nós! 

Aquí volas deixo, e oxalá este verán podades ir a visitala coas vosas familias!








martes, 8 de junio de 2021

COMPRENSIÓN ESCRITA: DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

 Bos días nen@s!

Onte foi o día Mundial dos Océanos e hoxe traballaremos cunha comprensión lectora sobre o tema, a  partir do cal faremos un formulario de repaso de contidos traballados durante o curso escolar. 

Para facer as actividades deberedes estar en parellas e só poderá haber un grupo de tres persoas. 

 O formulario deberá levar o nome dos alumnos/as que participaron en parella.

Lede o texto con calma un par de veces e o formulario contestádeo empregando as normas ortográficas e de puntuación necesarias. Facede as tarefas despacio e pensando no que tendes que poñer. 

IMOS ALÓ!

 

FORMULARIO PARA COMPLETAR:

 

lunes, 17 de mayo de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TOD@S!!

O noso compañeiro Diego quixo compartir con todos nós unhas fotos conmemorando este fermoso día da nosa lingua. Grazas por querer a lingua Diego! Non a perdas xamáis!

DÍA DO LIBRO


Este 23 de abril propuxemos unha actividade voluntaria polo día do libro na que vos pedíamos que recreárades unha foto coas imaxes de portadas de libros que tívésedes pola casa e das cales formásedes parte sen que se vos vise a cara.

Estas foron algunhas das fotos que nos enviáchedes!! Son PRECIOSAS e fixéchedes un traballo espectacular! 😍😍









martes, 13 de abril de 2021

AS PLANTAS

 

    

Comezamos novo tema de Ciencias Naturais. Neste caso veremos e coñeceremos un pouquiño máis as plantas e as súas funcións vitais. 

 Aproveitaremos tamén para plantar sementes e ver a evolución das mesmas, así como, facer algún experimento coas plantas e coa luz solar. 

Déixovos o tema 6 (FLIPBOOK PLANTAS) en formato pdf, o cal comezamos este luns,  por se o precisades nalgún momento. 


martes, 9 de marzo de 2021

REPASO RÍOS DE GALICIA

 

Bos días nen@s!!!

Como mañá temos proba de Ciencias Sociais e hai que levar moi ben preparado o mapa dos ríos, hoxe imos aproveitar para repasar xogando. 

Deixo unhas ligazóns para que coloquedes os ríos de Galicia no  mapa. Podedes intentalo as veces que sexa necesario ata que os saibades SUUUUPER BEN! Así mañá, farédelo XENIAL!

A XOGAAARRR!!


1ª LIGAZÓN 

2ª LIGAZÓN

3ª LIGAZÓN

sábado, 6 de marzo de 2021

MAPAS MENTAIS (MM)


Para entrenar o noso CEREBRO, contamos con este recurso os MAPAS MENTAIS que estamos implementando na aula, e que o principio nos custa tanto. 
Os MM deben ser os nosos gran aliados a hora de estudar, porque nos axudarán a: 
  • Ordenar e organizar información
  • Resumir
  • Concretar
  • Memorizar
        
          AS REGLAS CLAVE!!
  1. Tema central e liñas curvas
  2. Debuxos, signos e símbolos
  3. Palabras clave e NON frases longas
  4. Xerarquía de cores
  5. Ocupar todo o espazo dispoñible
 Aquí vos deixo uns vídeos para que lle botedes unha ollada e vexades máis exemplos de como facer e elaborar os vosos mapas mentais personalizados, porque cada un dos que fagades é ÚNICO e non haberá ningún igual. Canto máis practiquedes mellor vos saírán.










viernes, 5 de marzo de 2021

MECANOGRAFÍA


Boas tardes a tod@s!

Como xa sabedes, a partir de agora teremos que facer algúns traballiños no ordenador e desenvolver de maneira efectiva, a nosa competencia dixital. 

Ademáis da pescuda e resumo de información tamén temos que ser áxiles á hora de manexar o teclado do noso ordenador. 

Así que, este é o momento de aprender a usalo. Para que as Novas Tecnoloxías sexan operativas e rápidas, debemos de manexalo con destreza e evitar así, a perda de tempo innecesaria diante dunha pantalla.

Aquí vos deixo unhas ligazóns para que poidades acceder e aprender así, a mecanografiar. Xa veredes como avanzades moi rápido adicándolle soamente 15-20 minutiños diarios, sempre que poidades. NON É OBLIGATORIO, este é un recurso máis. 

O VEDOQUE, é un curso de mecanografía que podedes facer ONLINE. Xa unha vez que o superades, hai o curso 2 - 3 ...

 
Tamén podedes descargar no PC da casa os programas: TACA- TACA  e MECANET, clicando nas seguintes imaxes.

COMEZAMOS!!!



 


jueves, 4 de marzo de 2021

TRABALLO E PRESENTACIÓN ORAL: OS ANIMAIS

 Boas tardes nen@s!!

Tal e como falamos hoxe en clase, déixovos os puntos que terá que conter a nosa presentación sobre o "noso animal" escollido, e a cal teremos que ter lista o 16 DE MARZO. 

Mañá seguiremos vendo os distintos truquiños do LIBREOFFICE e POWER POINT para levalo a cabo. 

Os puntos que debe conter o meu traballo son os seguintes:

jueves, 11 de febrero de 2021

martes, 9 de febrero de 2021

CONSIGNAS ENTROIDO

 E.... para mañá MÉRCORES O NOSO MECO, mándanos....

 

Así que, xa sabedes... MAÑÁ A TRAER TOD@S A TESTA CUBERTA! A ver o orixinais que sodes!! 

ATA MAÑÁ 😝

SEGUIMOS AS CONSIGNAS DO MECO: MARTES


 Hoxe martes, o a consigna do noso "Meco" é traer posto o de onte e uns calcetíns por riba do pantalón. 

Imos ver que divertidos veñen os nen@s de 4ºEP!!! 😊  🎊 🎊







lunes, 8 de febrero de 2021

CONSIGNAS ENTROIDO

Boas tardes a tod@s!

Déixovos a 2ª consigna do noso meco para mañá martes. É acumulativo, co cal a foto de mañá teredes que ter o de hoxe e o de mañá.    

 

 2ª CONSIGNA DO MECO PARA MAÑÁ MARTES


ANIVERSARIO

 Hoxe está de aniversario Raúl A. 🎉🎈🎉🎉

Como non estamos no cole, aproveitamos para felicitalo por aquí. 

MOITOS PARABÉNS E QUE CUMPRAS MOITOS MÁIS!!!

Vémonos pronto tod@s. Hoxe estirámosche das orellas de xeito virtual!! 😊


domingo, 7 de febrero de 2021

SEGUIMOS AS CONSIGNAS DO MECO: LUNS


CONSIGNA Nº 1


Hoxe é o 1º día do Entroido e os nen@s de 4º EP xa estamos a seguir as consignas do "MECO", coas nosas corbatas e colares. Quen máis se ANIMA??