martes, 9 de marzo de 2021

REPASO RÍOS DE GALICIA

 

Bos días nen@s!!!

Como mañá temos proba de Ciencias Sociais e hai que levar moi ben preparado o mapa dos ríos, hoxe imos aproveitar para repasar xogando. 

Deixo unhas ligazóns para que coloquedes os ríos de Galicia no  mapa. Podedes intentalo as veces que sexa necesario ata que os saibades SUUUUPER BEN! Así mañá, farédelo XENIAL!

A XOGAAARRR!!


1ª LIGAZÓN 

2ª LIGAZÓN

3ª LIGAZÓN

sábado, 6 de marzo de 2021

MAPAS MENTAIS (MM)


Para entrenar o noso CEREBRO, contamos con este recurso os MAPAS MENTAIS que estamos implementando na aula, e que o principio nos custa tanto. 
Os MM deben ser os nosos gran aliados a hora de estudar, porque nos axudarán a: 
  • Ordenar e organizar información
  • Resumir
  • Concretar
  • Memorizar
        
          AS REGLAS CLAVE!!
  1. Tema central e liñas curvas
  2. Debuxos, signos e símbolos
  3. Palabras clave e NON frases longas
  4. Xerarquía de cores
  5. Ocupar todo o espazo dispoñible
 Aquí vos deixo uns vídeos para que lle botedes unha ollada e vexades máis exemplos de como facer e elaborar os vosos mapas mentais personalizados, porque cada un dos que fagades é ÚNICO e non haberá ningún igual. Canto máis practiquedes mellor vos saírán.










viernes, 5 de marzo de 2021

MECANOGRAFÍA


Boas tardes a tod@s!

Como xa sabedes, a partir de agora teremos que facer algúns traballiños no ordenador e desenvolver de maneira efectiva, a nosa competencia dixital. 

Ademáis da pescuda e resumo de información tamén temos que ser áxiles á hora de manexar o teclado do noso ordenador. 

Así que, este é o momento de aprender a usalo. Para que as Novas Tecnoloxías sexan operativas e rápidas, debemos de manexalo con destreza e evitar así, a perda de tempo innecesaria diante dunha pantalla.

Aquí vos deixo unhas ligazóns para que poidades acceder e aprender así, a mecanografiar. Xa veredes como avanzades moi rápido adicándolle soamente 15-20 minutiños diarios, sempre que poidades. NON É OBLIGATORIO, este é un recurso máis. 

O VEDOQUE, é un curso de mecanografía que podedes facer ONLINE. Xa unha vez que o superades, hai o curso 2 - 3 ...

 
Tamén podedes descargar no PC da casa os programas: TACA- TACA  e MECANET, clicando nas seguintes imaxes.

COMEZAMOS!!!



 


jueves, 4 de marzo de 2021

TRABALLO E PRESENTACIÓN ORAL: OS ANIMAIS

 Boas tardes nen@s!!

Tal e como falamos hoxe en clase, déixovos os puntos que terá que conter a nosa presentación sobre o "noso animal" escollido, e a cal teremos que ter lista o 16 DE MARZO. 

Mañá seguiremos vendo os distintos truquiños do LIBREOFFICE e POWER POINT para levalo a cabo. 

Os puntos que debe conter o meu traballo son os seguintes: