jueves, 12 de noviembre de 2020

A REPRESENTACIÓN DA TERRA

 Boas a tod@s!

Hoxe comezamos novo tema en Ciencias Sociais e estivemos vendo as diferencias entre o globo terráqueo e o mapamundi.

Tamén coñecemos as diferentes partes do globo terráqueo e adentrámonos no mundo dos pararelos e meridianos para na próxima clase traballar as coordenadas e poder buscar as que corresponden a nosa "marabilla - A PRAIA DAS CATEDRAIS". 


 

Como vos comentei en clase e repasando os apuntes collidos durantes as dúas sesións, deberedes contestar no voso caderno as seguintes cuestións: 

  • Cales son as diferencias entre o mapamundi e o globo terráqueo?
  • Cal é a liña imaxinaria que divida á Terra en Hemisferio Norte e Hemisferio Sur?
  • Que miden os meridianos e os paralelos?
  • Onde se xuntan os meridianos? Poden facer o mesmo os paralelos?

  • Escribir preguntas en bolígrafo azul. 
  • Respostar as mesmas a lapis.

Déixovos tamén un vídeo de repaso do que traballamos na clase para que así vos sexa máis sinxelo. 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario