miércoles, 30 de diciembre de 2020

DESPEDIMOS AO 2020!

Ola a tod@s!!! Achégase o momento de despedir este ano que remata, o 2020.

Cando o comezamos, NINGUÉN sospeitaría que remataría sendo un ano tan nomeado por todos nós e sobre todo polos momentos vividos, que sen dúbida marcarán a historia do noso país e do mundo.

O que é seguro, é que a pesar das circunstancias, démonos  conta de que podemos adaptarnos a calquera situación que se nos poña por diante e superala da mellor maneira posible sendo máis fortes,  sempre que a vexamos de forma positiva. SOMOS RESILIENTES!!

Este ano, sirveunos tamén para aprender e valorar todo aquilo que temos e que as veces pasa desapercibido e que sen dúbida, é o máis importante para nós (FAMILIA, AMIGOS, TRABALLO...).

Despois de haber superado este ano tan duro, desexo de CORAZÓN para todos vós, unha boa entrada de ano en FAMILIA (este ano máis ca nunca), que veña cargadiño de moita SAÚDE para tod@s e que sexa menos malo có que se vai.

Como me gusta ser positiva, só dicirvos que miremos o que nos ten preparado o 2021 con bos ollos e que intentemos afrontalo como mellor saibamos, porque son as situacións máis difíciles as que fan sacar o mellor de nós e convertirnos nas persoas que somos. 

Estades preparados para vivir novas experiencias, ter novos aprendizaxes e compartir momentos xuntos??? 

Pois imos aló... UN BRINDE POR TODO O BO QUE ESTÁ POR CHEGAR!

Desexando vervos! 😀

Antes de rematar, déixovos unha ligazón a unhas pulseiras navideñas que vos creei para que luzades nestas datas e unha actividade para que fagades en familia se queredes antes do brinde desta noite. Expoñer os vosos tres desexos para este novo ano que entra. Gustaríame que antes de escribilos reflexionedes e pensedes en cousas que queredes de verdade despois de todo o pasado. 

OXALÁ SE CUMPRAN!! Unha forte aperta! e FELIZ ANO 2021!! (Coidadiño coas uvas 😋)

domingo, 27 de diciembre de 2020

XOGO DE NADAL

 

Boas tardes a tod@s! Que tal estades? Como van esas vacacións? Agardo que o estedes pasando xenial, descansando e desfrutando da familia. 

Hoxe tráiovos un xogo divertido. É como o xogo do  Dobble pero coa temáticoa do Nadal. 

Espero que vos guste! 

Unha aperta grande!


jueves, 24 de diciembre de 2020

COMECOCOS NADAL

 

   BO NADAL A TOD@S!!! Agardo que pasarades unha Noiteboa       agradable en compañía da vosa familia e compartírades moitas            historias e conversacións para a lembranza!!

    A pesar de que as cousas son moi complicadas este ano, espero que     tivésedes algún detalliño de Papá Noel e que o coidedes moito,            moito. 

    Se en cambio sodes dos que só lles traen agasallos os Reis Magos,       teredes que agardar e comportarvos ben. Pero tal e como vos contei    na historia de Xaime en clase, o importante non son os agasallos,        senón desfrutar coa familia!! NON O ESQUEZADES!

E como é moi importante, hoxe tráiovos un COMECOCOS DE NADAL, para que xoguedes xuntos na casa e vos divirtades moito, cos vosos pais, nais, avós/avos ou irmáns/irmás. 

Xa me contaredes que tal foi. Agardo que vos guste tanto como o cariño co que volo preparei!

DESFRUTADE MOITO DO DÍA DE HOXE!!!

lunes, 21 de diciembre de 2020

TAREFAS DE NADAL

 

Ola nen@s!!
Hoxe xa collemos VACACIÓNS!!!! ÁNIMO E A POLO ÚLTIMO DÍA DE COLE DESTE ANO!!
Gustaríame que este Nadal, seguísedes traballando e non perder así o ritmo despois destes meses de clase. 
Así que, tráiovos unha serie de tarefas que quero que fagades durante estas datas e se podedes, enviade algunha fotiño vosa facendo as mesmas ao meu email: profebelencole@gmail.com, e poder así colgalas aquí, no blogue e compartir entre todos esos momentos tan especiais!
Espero que vos gusten e desfrutedes moito, moito, facéndoas! Xa me contaredes!
 
SEGUIDE ATENTOS AO BLOGUE PORQUE IREI PUBLICANDO COUSIÑAS PARA ESTAR ENTRETIDOS!! UNHA APERTA!

CARTA NADAL

         

lunes, 14 de diciembre de 2020

TEMA 2: A SAÚDE

 APUNTES PARA ESTUDAR

 
 
  APUNTES INTERACTIVOS PARA PEGAR NO CADERNO 
 

 

VÍDEOS PARA ESTUDAR E REPASAR  

                     DIETA SAUDABLE                                                     HÁBITOS SAUDABLES

                               
 
                 HIXIENE DOS ALIMENTOS                                   MANIPULACIÓN ALIMENTOS
 
                             
 


 

miércoles, 2 de diciembre de 2020

NOVA: PRAIA DAS CATEDRAIS

 Bos días a tod@s!!

Este pasado luns, 30 de novembro, sucedeu algo terrible na nosa marabilla de Galicia. Estamos moi tristes e desgustados pola nova. 😢😭

Como temos aínda moito que investigar sobre a nosa maravilla, déixovos unha das novas (noticias) da Voz de Galicia sobre o sucedido para que teñades máis información.

Lede o texto con paciencia e calma e intentade contestar a todas as preguntas que se vos plantexan no mesmo antes de darlle a enviar. Unha vez rematedes tod@s, podedes ir riscando no mural do noso proxecto algunhas das preguntas que con este texto puidéchedes contestar. 

Véxovos pronto! Unha aperta!