miércoles, 30 de diciembre de 2020

DESPEDIMOS AO 2020!

Ola a tod@s!!! Achégase o momento de despedir este ano que remata, o 2020.

Cando o comezamos, NINGUÉN sospeitaría que remataría sendo un ano tan nomeado por todos nós e sobre todo polos momentos vividos, que sen dúbida marcarán a historia do noso país e do mundo.

O que é seguro, é que a pesar das circunstancias, démonos  conta de que podemos adaptarnos a calquera situación que se nos poña por diante e superala da mellor maneira posible sendo máis fortes,  sempre que a vexamos de forma positiva. SOMOS RESILIENTES!!

Este ano, sirveunos tamén para aprender e valorar todo aquilo que temos e que as veces pasa desapercibido e que sen dúbida, é o máis importante para nós (FAMILIA, AMIGOS, TRABALLO...).

Despois de haber superado este ano tan duro, desexo de CORAZÓN para todos vós, unha boa entrada de ano en FAMILIA (este ano máis ca nunca), que veña cargadiño de moita SAÚDE para tod@s e que sexa menos malo có que se vai.

Como me gusta ser positiva, só dicirvos que miremos o que nos ten preparado o 2021 con bos ollos e que intentemos afrontalo como mellor saibamos, porque son as situacións máis difíciles as que fan sacar o mellor de nós e convertirnos nas persoas que somos. 

Estades preparados para vivir novas experiencias, ter novos aprendizaxes e compartir momentos xuntos??? 

Pois imos aló... UN BRINDE POR TODO O BO QUE ESTÁ POR CHEGAR!

Desexando vervos! 😀

Antes de rematar, déixovos unha ligazón a unhas pulseiras navideñas que vos creei para que luzades nestas datas e unha actividade para que fagades en familia se queredes antes do brinde desta noite. Expoñer os vosos tres desexos para este novo ano que entra. Gustaríame que antes de escribilos reflexionedes e pensedes en cousas que queredes de verdade despois de todo o pasado. 

OXALÁ SE CUMPRAN!! Unha forte aperta! e FELIZ ANO 2021!! (Coidadiño coas uvas 😋)

No hay comentarios:

Publicar un comentario