jueves, 24 de diciembre de 2020

COMECOCOS NADAL

 

   BO NADAL A TOD@S!!! Agardo que pasarades unha Noiteboa       agradable en compañía da vosa familia e compartírades moitas            historias e conversacións para a lembranza!!

    A pesar de que as cousas son moi complicadas este ano, espero que     tivésedes algún detalliño de Papá Noel e que o coidedes moito,            moito. 

    Se en cambio sodes dos que só lles traen agasallos os Reis Magos,       teredes que agardar e comportarvos ben. Pero tal e como vos contei    na historia de Xaime en clase, o importante non son os agasallos,        senón desfrutar coa familia!! NON O ESQUEZADES!

E como é moi importante, hoxe tráiovos un COMECOCOS DE NADAL, para que xoguedes xuntos na casa e vos divirtades moito, cos vosos pais, nais, avós/avos ou irmáns/irmás. 

Xa me contaredes que tal foi. Agardo que vos guste tanto como o cariño co que volo preparei!

DESFRUTADE MOITO DO DÍA DE HOXE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario