miércoles, 30 de diciembre de 2020

DESPEDIMOS AO 2020!

Ola a tod@s!!! Achégase o momento de despedir este ano que remata, o 2020.

Cando o comezamos, NINGUÉN sospeitaría que remataría sendo un ano tan nomeado por todos nós e sobre todo polos momentos vividos, que sen dúbida marcarán a historia do noso país e do mundo.

O que é seguro, é que a pesar das circunstancias, démonos  conta de que podemos adaptarnos a calquera situación que se nos poña por diante e superala da mellor maneira posible sendo máis fortes,  sempre que a vexamos de forma positiva. SOMOS RESILIENTES!!

Este ano, sirveunos tamén para aprender e valorar todo aquilo que temos e que as veces pasa desapercibido e que sen dúbida, é o máis importante para nós (FAMILIA, AMIGOS, TRABALLO...).

Despois de haber superado este ano tan duro, desexo de CORAZÓN para todos vós, unha boa entrada de ano en FAMILIA (este ano máis ca nunca), que veña cargadiño de moita SAÚDE para tod@s e que sexa menos malo có que se vai.

Como me gusta ser positiva, só dicirvos que miremos o que nos ten preparado o 2021 con bos ollos e que intentemos afrontalo como mellor saibamos, porque son as situacións máis difíciles as que fan sacar o mellor de nós e convertirnos nas persoas que somos. 

Estades preparados para vivir novas experiencias, ter novos aprendizaxes e compartir momentos xuntos??? 

Pois imos aló... UN BRINDE POR TODO O BO QUE ESTÁ POR CHEGAR!

Desexando vervos! 😀

Antes de rematar, déixovos unha ligazón a unhas pulseiras navideñas que vos creei para que luzades nestas datas e unha actividade para que fagades en familia se queredes antes do brinde desta noite. Expoñer os vosos tres desexos para este novo ano que entra. Gustaríame que antes de escribilos reflexionedes e pensedes en cousas que queredes de verdade despois de todo o pasado. 

OXALÁ SE CUMPRAN!! Unha forte aperta! e FELIZ ANO 2021!! (Coidadiño coas uvas 😋)

domingo, 27 de diciembre de 2020

XOGO DE NADAL

 

Boas tardes a tod@s! Que tal estades? Como van esas vacacións? Agardo que o estedes pasando xenial, descansando e desfrutando da familia. 

Hoxe tráiovos un xogo divertido. É como o xogo do  Dobble pero coa temáticoa do Nadal. 

Espero que vos guste! 

Unha aperta grande!


jueves, 24 de diciembre de 2020

COMECOCOS NADAL

 

   BO NADAL A TOD@S!!! Agardo que pasarades unha Noiteboa       agradable en compañía da vosa familia e compartírades moitas            historias e conversacións para a lembranza!!

    A pesar de que as cousas son moi complicadas este ano, espero que     tivésedes algún detalliño de Papá Noel e que o coidedes moito,            moito. 

    Se en cambio sodes dos que só lles traen agasallos os Reis Magos,       teredes que agardar e comportarvos ben. Pero tal e como vos contei    na historia de Xaime en clase, o importante non son os agasallos,        senón desfrutar coa familia!! NON O ESQUEZADES!

E como é moi importante, hoxe tráiovos un COMECOCOS DE NADAL, para que xoguedes xuntos na casa e vos divirtades moito, cos vosos pais, nais, avós/avos ou irmáns/irmás. 

Xa me contaredes que tal foi. Agardo que vos guste tanto como o cariño co que volo preparei!

DESFRUTADE MOITO DO DÍA DE HOXE!!!

lunes, 21 de diciembre de 2020

TAREFAS DE NADAL

 

Ola nen@s!!
Hoxe xa collemos VACACIÓNS!!!! ÁNIMO E A POLO ÚLTIMO DÍA DE COLE DESTE ANO!!
Gustaríame que este Nadal, seguísedes traballando e non perder así o ritmo despois destes meses de clase. 
Así que, tráiovos unha serie de tarefas que quero que fagades durante estas datas e se podedes, enviade algunha fotiño vosa facendo as mesmas ao meu email: profebelencole@gmail.com, e poder así colgalas aquí, no blogue e compartir entre todos esos momentos tan especiais!
Espero que vos gusten e desfrutedes moito, moito, facéndoas! Xa me contaredes!
 
SEGUIDE ATENTOS AO BLOGUE PORQUE IREI PUBLICANDO COUSIÑAS PARA ESTAR ENTRETIDOS!! UNHA APERTA!

CARTA NADAL

         

lunes, 14 de diciembre de 2020

TEMA 2: A SAÚDE

 APUNTES PARA ESTUDAR

 
 
  APUNTES INTERACTIVOS PARA PEGAR NO CADERNO 
 

 

VÍDEOS PARA ESTUDAR E REPASAR  

                     DIETA SAUDABLE                                                     HÁBITOS SAUDABLES

                               
 
                 HIXIENE DOS ALIMENTOS                                   MANIPULACIÓN ALIMENTOS
 
                             
 


 

miércoles, 2 de diciembre de 2020

NOVA: PRAIA DAS CATEDRAIS

 Bos días a tod@s!!

Este pasado luns, 30 de novembro, sucedeu algo terrible na nosa marabilla de Galicia. Estamos moi tristes e desgustados pola nova. 😢😭

Como temos aínda moito que investigar sobre a nosa maravilla, déixovos unha das novas (noticias) da Voz de Galicia sobre o sucedido para que teñades máis información.

Lede o texto con paciencia e calma e intentade contestar a todas as preguntas que se vos plantexan no mesmo antes de darlle a enviar. Unha vez rematedes tod@s, podedes ir riscando no mural do noso proxecto algunhas das preguntas que con este texto puidéchedes contestar. 

Véxovos pronto! Unha aperta!

viernes, 27 de noviembre de 2020

REPASO C. NATURAIS (LUNS)

Aquí tendes un xogo de preguntas que vos servirá para repasar os contidos do tema 1 para a proba deste luns 30 de Ciencias Naturais. 

Estou segura de que vos sairá XENIAL!! MOITO ÁNIMO e a repasar!!!

RETO 2 REPASO MATE

 El siguiente reto va sobre las multiplicaciones por la unidad seguida de ceros. Es super fácil pero lleva su tiempo emparejar así que, fíjate bien y a por todas!!!

RETO 1 - REPASO MATE

 Os dejo un reto de repaso de matemáticas de las potencias. Se os dan genial, así que a ver quién acierta todas!!! SUERTE!

jueves, 26 de noviembre de 2020

POTENCIAS

 Aquí vos deixo un vídeo das potencias para repasar na casa. Son moi sinxelas, así que, despois do que vimos en clase e isto, entenderédelas ben!




TEMA 2: TEMPO ATMOSFÉRICO E CLIMA

 APUNTES PARA ESTUDAR

 
 
APUNTES INTERACTIVOS CADERNO 
 

CAPAS DA ATMOSFERA  

 

 ICONOS CAPA ATMOSFERA

 

miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 N: VIOLENCIA DE XÉNERO

HOXE É O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 

Para coñecer un pouco máis este tema, hoxe   veremos un vídeo e analizaremos un texto sobre esta temática. 

VÍDEO

Premede na seguinte ligazón para poder completar o formulario do mesmo: 

viernes, 20 de noviembre de 2020

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Boas tardes chic@s!!

Hoxe en Lingua Galega,  visionamos o vídeo e escoitamos a canción de Silvia Losada e Son de Cabana da "PORTA VIOLETA"

Unha vez rematado o visionado estivemos analizando cando un dos versos da canción. Aínda non rematamos pero, a verdade, xurdiu un debate moi bo sobre o que estaba escrito. 

O luns continuaremos co mesmo, xa que, nos soubo a pouco a última sesión. 

Déixovos de novo o vídeo da canción, así como, a súa letra para que vaiades practicando a estrofa que nos tocará representar para a grabación do vídeo para o 25 N. 

 
 
   

jueves, 19 de noviembre de 2020

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

 Hoxe 20 de NOVEMBRO é o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA! É O VOSO DÍA!

E coma tod@s os cidadáns, vós tamén tendes os vosos dereitos na sociedade. Queredes saber cales son?

Imos ver uns vídeos e logo debatimos: 

                

             

miércoles, 18 de noviembre de 2020

SIGLOS

 Aquí os dejo un juego para repasar los siglos que vimos ayer en clase. A ver que tal os sale.

                                      

martes, 17 de noviembre de 2020

LINGUA GALEGA


Bos días nen@s!

Hoxe tendes que ter as orellas ben abertas e prestar moita atención, porque imos escoitar unha nova e logo deberemos respostar en papel a unhas preguntas sobre a mesma. 

A próxima, farémola a través do ordenador, pero para iso, debemos practicar un pouquiño antes. 

Para facelo moi ben, debedes de seguir ao pé da letra, as seguintes instruccións: 

  1. Le con calma as preguntas que terás que respostar. Non respondas as mesmas por agora. 
  2. Escoitaremos o AUDIO dúas veces, prestando moita atención. Cando o escoitemos por 3ª vez, xa podereremos ir contestando ás preguntas. 
  3. Se hai algo que ao longo da escoita do AUDIO non entendes, déixaoo en branco, pero non fales en voz alta, para non molestar nin descentrar ao resto dos compañeiros/as. 

IMÓS ALÓ!! 

AUDIO


 

lunes, 16 de noviembre de 2020

A FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN

 Boas a tod@s!

Hoxe en Ciencias Naturais vimos a función de reprodución. Para que vos quede un pouquiño máis claro, déixovos un vídeo de repaso do visto en clase. Agardo que vos sexa de axuda para estudar e ampliar o traballado.


sábado, 14 de noviembre de 2020

TEMA 1

 Hola chic@s!! 

Os dejo el TEMA 1 DE INGLÉS, tal y como os comentó la Teacher Cris el viernes y podáis repasar por el, para el examen del próximo jueves. 

Tenéis también en la barra lateral izquierda, justo debajo del enlace al AULA VIRTUAL, unos enlaces de juegos en inglés que me pasó también la Teacher Cris para que practiquéis. Os encantarán!!

GOOD LUCK!

   

jueves, 12 de noviembre de 2020

A REPRESENTACIÓN DA TERRA

 Boas a tod@s!

Hoxe comezamos novo tema en Ciencias Sociais e estivemos vendo as diferencias entre o globo terráqueo e o mapamundi.

Tamén coñecemos as diferentes partes do globo terráqueo e adentrámonos no mundo dos pararelos e meridianos para na próxima clase traballar as coordenadas e poder buscar as que corresponden a nosa "marabilla - A PRAIA DAS CATEDRAIS". 


 

Como vos comentei en clase e repasando os apuntes collidos durantes as dúas sesións, deberedes contestar no voso caderno as seguintes cuestións: 

  • Cales son as diferencias entre o mapamundi e o globo terráqueo?
  • Cal é a liña imaxinaria que divida á Terra en Hemisferio Norte e Hemisferio Sur?
  • Que miden os meridianos e os paralelos?
  • Onde se xuntan os meridianos? Poden facer o mesmo os paralelos?

  • Escribir preguntas en bolígrafo azul. 
  • Respostar as mesmas a lapis.

Déixovos tamén un vídeo de repaso do que traballamos na clase para que así vos sexa máis sinxelo. 

 

miércoles, 11 de noviembre de 2020

NÚMEROS ROMANOS

 Aquí vos deixo un xogo para o repaso dos números romanos. Seguro que vos sae xenial!

    

NÚMEROS ROMANOS

 Pois sí, a palabra do noso ENIGMA era "ROMANOS", e toda a intriga veu porque comezamos a traballar os seus números. A que vos gustaron moito? 

Aquí vos deixo os apuntes e as actividades que realizamos sobre eles na aula así como o vídeo que visionamos para que repasades na casa.

          
       
   
 
     
 
 



 

martes, 10 de noviembre de 2020

FASE INICIACIÓN PROXECTO

Na aula xa plantexamos a fase de iniciación do noso Proxecto e en equipos plantaxemos todo o que sabemos e queremos saber sobre a PRAIA DAS CATEDRAIS. 

A verdade é que somos super curiosos e temos un montón de cuestións e cousas que queremos aprender. 

ACOMPAÑÁDESNOS?







domingo, 8 de noviembre de 2020

RETO 4

Aquí tendes o derradeiro RETO que tendes que resolver para obter a letra que falta! Mañá traédeas anotadas! MOITA SORTE!

                                      

RETO 3

 Resolvede o RETO 3 para obter dúas letras máis do enigma ou palabra agochada. SORTE!

                                  

RETO 2

 Aquí tendes o reto número 2. Tendes que resolver o seguinte crucigrama e obter así as dúas seguintes letras da palabra agochada. ÁNIMO!

                                      

sábado, 7 de noviembre de 2020

RETO 1

Aquí está el RETO Nº1 que tendréis que resolver y así lograr descifrar el enigma para la clase del lunes. Al acabarlo correctamente conseguiréis parte del mismo.

Estad atentos porque seguiré subiendo más hasta poder descifrarlo. MUCHA SUERTE!

                                  

ACENTUACIÓN

 Hola a tod@s!! 

Aquí os dejo un juego de repaso de la acentuación de palabras. Espero que os salga genial! ¡ÁNIMO!

  

INTRODUCCIÓN PROXECTO: A PRAIA DAS CATEDRAIS

Este ano no noso colexio, o CEIP Plurilingüe Cruceiro, imos a traballar como Proxecto Documental Integrado (PDI): "12 MARABILLAS DE GALICIA". 

Como é un tema amplo, na aula de 4ºEP levamos a votación as maravillas que queríamos investigar e despois dunha votación moi igualada, saíu por maioría "A PRAIA DAS CATEDRAIS". 

Sen dúbida será unha das maravillas das que aprenderemos e  investigaremos moitísimas cousas durante este curso escolar. 

Para comezar, aquí temos algúns vídeos da súa beleza e da súa paisaxe. As vistas son MARAVILLOSAS!!

                                        

                                                     

viernes, 6 de noviembre de 2020

HORARIO

Horario Clase de 4º EP - CEIP Plurilingüe Cruceiro (Vilalonga) Curso 2020-2021
 

 

 

TEMA 1: AS FUNCIÓNS VITAIS

Boas tardes a tod@s! Tal e como falamos hoxe en clase, aquí vos quedan os apuntes de Ciencias Naturais cos que estamos traballando en clase e cos que seguiremos o luns. 

Déixovos algúns vídeos para que lle botedes unha ollada e así recordar de forma máis sinxela a información. 

 

Seguide atentos ao blogue porque durante a fin de semana irei colgando cousiñas...

 

APUNTES PARA ESTUDAR

APUNTES INTERACTIVOS PARA PEGAR NO CADERNO

VÍDEOS PARA APRENDER E ESTUDAR
 
 
            

             

             

              

jueves, 5 de noviembre de 2020

BENVIDA

BENVID@S AO NOSO BLOGUE DE AULA!!!

A través desta plataforma aprenderemos moitas cousas e poderedes consultar todo o que vaiamos traballando na aula a diario. 

Contaremos con xogos e recursos para mellorar as nosas técnicas de estudo, así como, repasar os contidos traballados. 

Tamén haberá unha pestana a través da cal,  iremos vendo o que imos desenvolvendo do noso proxecto de centro: "A PRAIA DAS CATEDRAIS"

ESTADES PREPARADOS PARA COMEZAR A AVENTURA? Pois... ALÁ IMOS!!!